2 de dec. de 2016

4ºA na aula de informática

Hoxe o alumnado de 4º A estivo na aula de informática sacando partido deste interesante recuncho da nósa biblioteca. Concretamente estiveron aprendendo a manexar o procesador de textos con vistas a realización de futuros e marabillosos traballos.







25 de nov. de 2016

PHOTOCALL DO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe moitos dos nosos nenos e nenas estiveron posando no photocall organizado para o día Internacional Da Non Viloencia contra a Muller. O alumnado de 6º elaborou para a ocasión unha serie de slogans alusivos do tema. Moitas foron as actividades que tódolos cursos levaron a cabo co fin de sensibilizar a nenos e nenas deste tema. Preme enriba da imaxe para acceder ao photocall completo.
https://goo.gl/photos/qr2QJ4oY3U9G41s26

24 de nov. de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O día 25 de novembro celébrase o día internacional da non violencia contra a muller. Por que este Día internacional?
Debido a que:
 • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos 
• A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
 • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra VIH/SIDA e a paz e a seguridade. 
• A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial. 
• A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida. Unha das principais dificultades para previr e poñer fin á violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo é a marcada insuficiencia de fondos, que determina que os recursos para estas iniciativas sexan sumamente escasos. Existen marcos moi promisorios, como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen a meta específica de poñer fin á violencia contra as mulleres e as nenas; non obstante, requiren un financiamento suficiente para producir cambios concretos e significativos na vida das mulleres e as nenas.
Dende o 25 de novembro ao 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, a campaña 16 días de activismo contra a violencia de xénero ten por obxectivo sensibilizar e mobilizar ao público en todo o mundo para lograr un cambio. Este ano, a campaña do Secretario Xeral “ ÚNETE para po er fin á violencia contra a Muller” invita a «pintar o mundo de laranxa», usando así o color elixido por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia. Organizade eventos para poñer desa cor rúas, escolas e monumentos! 

Para traballar nas aulas este tema pódese consultar: 

  • Blog educativo: Educando en igualdad.

 www.educandoenigualdad.es 

  • Páxina web na que se poden consultar vídeos e contos. Vídeo: Rosa Caramelo (conto) Conto: “Los colores de Myriam Nunila” (1º e 2º ciclo) 

http://www.educandoenigualdad.es/

  • Superlola, Día Internacional Contra la Violencia de Género

 https://www.youtube.com/watch?v=F6iqghLCuU8 

  • Video educativo sobre la violencia de género. Proyecto institucional.
https://www.youtube.com/watch?v=cggWfH2ILkY 


  • Páxina das Nacións Unidas:
 http://www.un.org/es/events/endviolenceday/ 
http://www.un.org/es/events/endviolenceday/multimedia.shtml (vídeos sobre abusos a mulleres en distintas partes do mundo).

  • Vídeo para pequenos:
 https://www.youtube.com/watch?v=pHejNrIOiPc 


  • EL ORDEN DE LAS COSAS - Corto contra a violencia de xénero para maiores
https://www.youtube.com/watch?v=hfGsrMBsX1Q 

  • La historia que hizo llorar al mundo entero 
https://www.youtube.com/watch?v=iRQBfWmM4fs

23 de nov. de 2016

O GRUPO ECOLÓXICO NA AULA DE INFORMÁTICA

Hoxe o Grupo Ecolóxico estivo investigando na aula de informática. Estiveron a aprendendo a entrar no blog de Voz Natura, para poder ver tódalas actividades que xa levan feito, e aproveitaron para ver cousiñas e fotos de cursos pasados.

20 de nov. de 2016

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

O día 20 celebrouse o día dos dereitos dos nenos. Para iso, decorouse as entradas do noso cole con ese motivo e dende as aulas traballouse con algúns enlaces de internet.


É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

O obxectivo de celebración do Día Universal do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sufre as crises e os problemas do mundo.

Lémbrase tamén con este día que os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que nacera.

Adicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis cativos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

Por tanto, é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos do neno.

Cuento La carta de los deseos

http://www.educapeques.com/cuentos-infantiles-cortos/cuentos-para-ninos/cuento-infantil-carta-deseos.html


PLENO INFANTIL DE TOMIÑO: OS DEREITOS DO NENO

Cinco nenos de 6ºB do CEP Pedro Caselles acompañados da súa titora, participaron este venres no Pleno Infantil organizado polo concello de Tomiño con fin de conmemorar o Día Internacional da Infancia  e o aniversario da Convención sobre os Dereitos  do Neno.
Todos os colexios e o instituto de Tomiño enviaron a súa representación a este acto. Ao Pedro Caselles tocoulle a defensa do dereito á participación. Todo o alumnado de 6º B se implicou na investigación e realización do traballo que se levou a pleno, aínda que so se permitiu acudir a unha pequena representación do curso.
 FOTOS

 

28 de out. de 2016

SAMAÍN DE MEDO NA NOSA BIBLIO

Hoxe na biblio nenas e nenos de 1º e 2º curso estiveron escoitando historias de medo, non podía ser doutra maneira nas vísperas do Samaín. 
Pero non eran historias de pantasmas, momias, vampiros ou homes lobo, non,... eran historias de medo de Tomiño!
Primeiro contaron a historia da Mariamanta, unha criatura que vivía no fondo dos ríos e que se alimentaba de nenos e nenas, nos tempos en que os nenos e nenas ían as leiras, aproveitando que se arrimaban ao río,...zas!
Logo veo a historia do Tardo, este alimentábase do medo, o medo das xentes que percorrían os camiños cun candil, nos tempos en que non había electricidade. 
  E rematamos coa historia do Acompañamento, que tamén se lle chama Santa Compaña....
QUE MEDO!!!!